Wednesday 01 de May de 2024

A Xunta asenta as bases para unha cooperación económica, cultural e institucional estable entre Cuba e Galicia


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou esta tarde na Cámara galega que o goberno galego está a desenvolver unha acción exterior de gran relevancia naqueles países onde habitan comunidade galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou no Parlamento de Galicia a relevancia da acción exterior da Xunta de Galicia, que está experimentando un impulso moi significativo por parte do goberno galego, onde se prima a promoción económica e cultural da nosa comunidade, mantendo unhas relacións institucionais frecuentes, directas e ao máis alto nivel, como a recente visita do Presidente da Xunta ao país cubano.

Alfonso Rueda deu conta hoxe na Cámara galega do recente viaxe institucional do Presidente da Xunta de Galicia a Cuba o pasado mes de maio, que tivo como máximo obxectivo a promoción exterior de Galicia e o encontro coa colectividade galega, e indicou que as liñas de acción exterior que está a seguir o goberno galegos teñen sempre entre as súas prioridades a aqueles países onde habitan grandes comunidades galegas asentadas dende hai décadas

Como o propio Presidente da Xunta expresou, estamos ante un “punto e seguido” nas relacións bilaterais de Cuba e Galicia, xa que as premisas se cumpriron con creces. Nun contexto clave de actualización económica como o que vive a illa, algúns dos compromisos adquiridos no pasado amosaron o seu avance, outros foron concretados e mesmo se exploraron novas vías de colaboración.

A viaxe do Presidente estivo centrado na atención ás comunidades galegas no exterior: a través da histórica celebración do XI plenario do Consello de Comunidades Galegas; no eido institucional, sendo recibido polo Presidente da República, Raúl Castro e por diversos representantes ministeriais; e de promoción económica e cultural, adquirindo compromisos concretos nestas materias.

Así, unha das citas destacadas a súa chegada a Cuba foi a asistencia os días 27 e 28 de maio ao XI plenario do Consello de Comunidades Galegas, a máxima voz autorizada da diáspora, que tivo lugar no Pazo do Antigo Centro Gallego de la Habana no que participaron máis do 93 por cento das entidades do Pleno do Consello no que se deron conta entre outras cousas, das inquedanzas e necesidades dos representantes das comunidades galegas; e onde se trataron o desenvolvemento tecnolóxico para dar servizos á cidadanía galega no exterior, a achega cultural da diáspora, e os retos que afronta a galeguidade e o papel das novas xeracións nacidas fóra de Galicia. Rueda indicou a importancia do traballo das entidade do Pleno que dinamizan a esas comunidades galegas no exterior e que traballan arreo na preservación e promoción da identidade e da cultura galegas na diáspora.

Relacións institucionais e comerciais
Na vertente máis institucional e comercial da visita do Presidente da Xunta a Cuba, Feijóo trasladoulle ao pobo pobo cubano, ás autoridades do país e ao seu empresariado que Galicia está preparada para formar parte do proceso de actualización económica que a illa está a experimentar, articulando unha axenda de contactos con diversos representantes de sectores económicos cubanos, e que culminaron coa visita ao Presidente Raúl Castro.

En primeiro lugar, o día 26 de maio, o Presidente da Xunta participou na apertura do Foro Económico Cuba-Galicia, onde tivo a ocasión de poñer en valor ante os empresarios cubanos aqueles sectores puxantes que ten a nosa Comunidade en materia de exportacións, poñendo en valor sectores como o do automóbil, o naval, o agroalimentario, o enerxético ou o téxtil como bos exemplos da capacidade exportadora galega.

Destes mesmos potenciais da nosa economía e industria deu conta o titular do Goberno galego nos seus encontros co viceministro primeiro do Ministerio do Comercio Exterior e o Investimento Estranxeiro, Antonio Luis Carricarte, e co vicepresidente do Consello de Ministros, Ricardo Cabrisas, poñéndoas en relación coas posibilidades que se poderían abrir para o intercambio comercial con Cuba. A xuntanza con Carricarte concluíu co acordo de asinar un protocolo para colaborar de forma máis directa en sectores clave e Cabrises, pola súa banda, comprometeuse a coordinar co resto dos ministerios as posibilidades de negocio e estudar o investimento concreto que podería derivarse de compra e venda entre Cuba e Galicia.

Por outra banda, en materia de Cultura, o titular do Goberno galego deixou xa asinado un amplo memorando de colaboración co Ministerio cubano do ramo, polo cal, cunha vixencia de catro anos, poderanse concretar intercambios de información e experiencias culturais, colaboracións en materia de capacitación de expertos e accións de conservación do patrimonio das comunidades galegas en Cuba, entre outros.

Xuntanza co presidente cubano
Para rematar a visita ao país latinoamericano, o Presidente da Xunta foi recibido polo presidente da República, Raúl Castro, onde se lle dou conta das reunións mantidas cos 10 Ministerios do seu goberno, inde Castro mostrouse interesado por concretar as actividades económicas que se poden levar a cabo entre ambos pobos. A estes efectos xa está en redacción un memorando entre a Xunta, a vicepresidencia económica e ata nove ministerios cubanos.